Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do am...
Leer descripción completa
17,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do amor tamén. En especial nas cousas do amor. A subxectividade innata dos sentimentos abrocha por riba das palabras e fai que a atracción se alimente ou se esfarele, se condense ou se dilúa. Nisto, os protagonistas de "Cadencias" non son unha excepción. Nunha Barcelona de trazos tenues, tres personaxes, ela, el e Elisa, percorren a vida no gume imperceptible entre o amor e o sexo, entre a urxencia do íntimo e o pozo profundo da soidade. "Cadencias" é o bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor. Ou se cadra non.
Manuel Portas (Barcelona, 1960). Arousán por ascendencia paterna e compostelán por adopción, é profesor de lingua e literatura no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, centro que dirixe desde hai anos.
Colaborou en diferentes obras didácticas e en publicacións de carácter pedagóxico, así como en xornais e revistas do país. A súa dedicación á análise social e á promoción do idioma levouno a publicar "Língua e sociedade na Galiza" (1990), unha das obras de referencia obrigada na sociolingüística galega. Participou en política e formou parte do goberno municipal de Santiago ao longo de dous mandatos (1999-2007). Deuse a coñecer como novelista no ano 2010 con "Denso recendo a salgado", publicada por Xerais. Nesta mesma editorial publicou "Un dedo manchado de tinta" (2011), "Faneca Brava" (2013), finalista do Premio Xerais de Novela, e "Amor en alpargatas" (2015). No mesmo ano recibiu o Premio García Barros por "Lourenço, xograr" e en 2018 o Premio Blanco Amor coa obra "Por puntos" (2019). "Cadencias" é a súa sétima novela.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión