No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.
Influído polo cómic «underground» a...
Leer descripción completa
26,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.
Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro. Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña.
Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.
Xulio Carballo Dopico (A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e en Teoría da Literatura e Literatura comparada pola Universidade de Salamanca. En 2015 doutorouse coa primeira tese arredor da banda deseñada galega, sobre a que leva publicado numerosos artigos e impartido conferencias nas universidades de Barcelona, Oxford, Lisboa e Salamanca, entre outras. En 2016 comisariou a exposición «BDG 70: a revolta do cómic galego» para a Sala Normal (espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña). É membro da Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic (ACDCómic) e colaborador científico do grupo de investigación da USC «Intermedialidade, adaptación e transmedialidade no cómic, o videoxogo e os novos medios». Colabora tamén no xornal «Sermos Galiza» cunha columna dedicada á banda deseñada galega. Actualmente traballa como profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino medio.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión