As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos, numéricos, lóxicos ou estatísti...
Leer descripción completa
15,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos, numéricos, lóxicos ou estatísticos ao seu arredor en multitude de situacións. Desde a forma do balón de fútbol ata o número que nos asignaron no noso DNI, nestas páxinas explícanse exemplos variados de aplicacións das matemáticas. Algunha delas é ben insospeitada e incluso pode producir abraio.
A ciencia leva a formular preguntas porque sen preguntas non hai respostas. Bocados matemáticos dá respostas, fomenta a curiosidade e persegue que se perda o medo a facer uso das matemáticas.
Paulo González Ogando (Pontevedra, 1982) é profesor de secundaria e imparte clases de Matemáticas en Bueu. Afeccionado á lectura de obras de divulgación científica, a súa paixón pola popularización das matemáticas levouno a escribir este libro. No seu blog http://compaseregra.blogspot.com leva compartidas máis de duascentas construcións dinámicas elaboradas seguindo as normas clásicas da xeometría con regra e compás.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión