Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical
entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade
como actitude vital fronte ao sedante do conformismo...
Leer descripción completa
14,00€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical
entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade
como actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonista
deste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que,
dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga
Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego…
Antón Reixa (Vigo, 1957) é escritor, músico e cineasta. A súa obra literaria comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. É sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país.
Como poeta publicou As ladillas do travesti (1979), Historia do rock and roll (1985), Ringo Rango (Xerais, 1992), Viva Galicia Beibe (1994, Xerais, 2016), Escarnio (1999), Látego de algas (2008), Leccións de cousas (2011) e Algo raro pasa raro (2015). Xerais publicou en 2012 o seu libro de conversas con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso co título Antón Reixa. Ghicho distinto.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión