Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe milit...
Leer descripción completa
28,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.
O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.
Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.
Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal «Nós Diario» e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo» (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)» (Xerais, 2013), «Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión» (2016) e «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)» (Xerais, 2022). É ademais coautor de «Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron» (2017), «Rebeldía galega contra a inxustiza» (2018), «O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo» (2021) e «Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita» (2021).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión