É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha...
Leer descripción completa
18,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida.
No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio.
Lionel Rexes (París, 1971), formado na Universidad Autónoma de Madrid, reside no Alfoz do Castrodouro desde mediados da década de 1990. É autor da novela «A raíña das velutinas» (Xerais, 2017, XXIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta), do estudo paremiolóxico «Ditos e refráns do Valadouro» (2013) e de varias narracións curtas premiadas en diversos certames («Abonda que lle chamen Porto», Lonxa Literaria 2011; «Luzada», Minicontos de Outono 2011; «A patria era unha aira», Relatos de Verán-Redelibros.es, 2012; «A hucha das mazás», accésit do Lonxa literaria 2015; «Monsieur Bocskai», acccésit do Modesto R. Figueiredo 2015, e «A mortalla do demo», segundo premio do Certame Literario Concello de Ames). Con «A montaña do poeta» (Xerais, 2022) conseguiu o XXVIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Desde 2014 publica textos e artigos sobre aspectos literarios e lingüísticos no blog «Vasoiras de xibarda» (www.blogoteca.com/vasoirasdexibarda). En 2015 e 2016 foi organizador do encontro estival de escritores Ponte Literaria.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión