Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles de...
Leer descripción completa
17,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar unha historia para cada unha delas, achegar unha ollada diferente, unha interpretación persoal sobre a obra desas creadoras e creadores (cinco mulleres e cinco homes) que tanto admira.
O resultado é este libro de relatos en que a retranca e o humor se mesturan de xeito natural coa dor, coa morte e co drama de vivir. Un reto. Un exercicio de escrita e de imaxinación. Unha conxunción de palabra e imaxe en escala de grises. Unha dobre exposición. Un revelado. Un zoom.
[Fotografías de Tamara de la Fuente, Pablo Rivas Caride, Lucía García Rey, Susana Estévez, Javier Fernández Pérez de Lis, Paula Gómez del Valle, Marta Moreiras, Ángel Tourón, Iván Nespereira e Hugo Aldatz Alonso.]
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023) e «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023). Tamén é autor da serie de banda deseñada «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023) e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta».
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023), e en 2023 o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!»
Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión