A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas.
Xunto cos seus amigos...
Leer descripción completa
12,00€
Disponibilidad media
Información
Descripción
A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas.
Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.
Mentres, o antipático señor Samesuga pídelle explicacións á súa veciña Catuxa polas trasnadas que se suceden nos seus dominios...
(Pontedeume, 1976) Naceu e medrou baixo a sombra do vello Castelo de Andrade, empoleirado na Pena Leboreira, desde onde se ve o encontro do río Eume coa ría de Ares. Nesa contorna aprendeu dos mouros, dos trasnos, das ánimas errantes das corredoiras da fraga, das meigas, das fadas, e doutras moitas criaturas que habitan entre nós aínda que non sexamos quen de velas. Aprendeu tamén a gozar dos contos, relatados pola súa madriña Carmen, e a mesturalos co sabor do repolo guisado na cociña da casa do Lugar do Sapo, onde a auga é sempre fresca e un non deixa nunca de ser neno.
Actualmente vive ao pé doutras vellas pedras: as da Torre de Hércules, no coruñés barrio de Monte Alto. Alí enche o seu tempo escribindo historias.
Con 'O castiñeiro de abril' gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil en 2013.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión