Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo d...
Leer descripción completa
20,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura.
O cadáver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a súa identidade. A procesión do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os días antes de saír pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades...
Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raíz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Álvarez emparentan con páxinas de Ánxel Fole, Castelao e outros autores da tradición do mellor relato galego do século XX.
Bautista Álvarez (Loucía-Ourense, 1933) subordinou a súa inicial vocación literaria á actividade política. Formou parte do grupo Brais Pinto, que deixou pegada na moderna historia de Galicia. Foi un dos fundadores da UPG, que presidiu durante máis de trinta anos, e deputado do Parlamento Galego durante cinco lexislaturas. A produción escrita de Bautista Álvarez está en galego, aínda que tamén haxa colaboracións en castelán, solicitadas por publicacións españolas: Signo, Cuadernos para el diálogo ou Primer acto (nesta publicou un pequeno ensaio sobre Os vellos non deben de namorarse de Castelao). En 2013 publicou en Xerais o libro de relatos Retallos daquela infancia. A novela Cuarto minguante (Xerais, 2015) é a súa segunda obra de ficción.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión