Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a travé...
Leer descripción completa
17,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou naqueles encontros pola liberación. As lembranzas e as sensacións dese momento enchen todo o relato. As vidas das persoas implicadas no proceso de acordo, tamén da parte de ETA, convértense nun complexo labirinto con diferentes saídas e historias colaterais que afectan incluso a xeracións posteriores.
En «O negociador», finalista do Premio Xerais de Novela 2021, técese unha proposta documentada e suxestiva na que se entrelazan emocións intensas e contextos políticos que intentan explicar as consecuencias persoais daquel acontecemento. Un reto narrativo de altura que non deixa de sorprender ata o final.
Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo, 1961). Escritor e xornalista. Como narrador publicou «Se algún día esta muller morta» (2006), Premio Repsol; «A vida fóra» (2011), e «A candidata» (2016), Premio García Barros. Na poesía destaca o libro «Os filósofos xa non brindan con cicuta» (2019), Premio Afundación e «Brinde e desespero» (Xerais, 2023), Premio de Poesía Johán Carballeira. Como dramaturgo é autor de «Á alba pide comigo vivir» (1986), finalista do Premio Calderón; «Ninguén chorou por nós» (1999), Premio Rafael Dieste; «39 veces chao» (2002); «Elas, que din» (2005), finalista do Premio Nacional de Teatro, e «A enterradora» (2018), Premio Nova Dramaturxia Galega. Con «O negociador» (Xerais, 2022) foi finalista do Premio Xerais de Novela 2021.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión