Elefante
Elefante

Elefante

Darriba, Manuel

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9121-300-0
Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba rei... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Colección:
Edición Literaria - Narrativa
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Gallego
ISBN:
978-84-9121-300-0
EAN:
9788491213000
Dimensiones:
220 x 145 mm.
Peso:
174 gramos
Nº páginas:
104
Fecha publicación :
18-01-2018
Disponible en 8 librerías

Dónde encontrar "Elefante"

Disponible en 8 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Elefante"

    Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos. O autor segue a desenvolver un programa artístico propio, conducindo o discurso por camiños pouco explorados.

    Más sobre

    Darriba, Manuel

    Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista e editor de revistas técnicas. Dende 2011 dedícase en exclusiva á escritura creativa. Autor dunha ducia de títulos, recibiu premios como o González Garcés de poesía ou o Lueiro Rey de novela curta. Escribe guións para programas e series de televisión ( " Land Róber Tunai Show " , " O Faro " , " Fontealba... " ). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil " Paf Xarope " , á que seguiron títulos como " Velada do billarista " (2001), " Accidental " (2003), " O bosque é grande e profundo " (Xerais, 2013), todos os tres publicados en castelán, e " Elefante " (Xerais, 2018). A súa incursión na narrativa infantil, " Brais e os demais " (2010), foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios " Calor " (1997), " Vostede non sabe con quen está a falar " (Premio Espiral Maior 2004) e " Os indios deixaron os verdes prados " (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política " AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda " (2013). Sobre " O bosque grande e profundo " (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog " Novenoites " ); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, " Diario de Ferrol " ); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, " El Mundo " ); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, " La Voz de Galicia " ); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, " El Progreso " ).
    Más títulos de Darriba, Manuel
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario