Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes d...
Leer descripción completa
12,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que acaba escachando e estrando de legumes o chan.
Antes de deixarlle comer as orellas, a avoa sempre lle contaba as historias que esas orellas escoitaran. Agora que ela non está, será Manuel o encargado de imaxinar os relatos que escoitaron os doces que el mesmo preparou: sorprendentes historias protagonizadas todas elas por lentellas. A través deses relatos, que unen tres xeracións dunha mesma familia, o neno protagonista aprende a asumir a ausencia da avoa, a comprender a súa realidade social e familiar, e a sentirse un pouco máis unido ao pai.
Leticia Barbadillo Vázquez (A Coruña, 1983) estudou Comunicación Audiovisual porque quería ser guionista. Hai uns anos, reconduciu a súa carreira cara ao ensino
e traballa como mestra de Educación Infantil na escola pública. Nai de tres fillos, participou nos blogs colectivos «Se o vello Simbad tivese fillos» e «Sobre as cousas».
«A botella de lentellas», Premio Merlín de Literatura 2023, é a súa primeira obra.
Ilustradora gallega aterrizada en Valencia. Se dedica sobre todo al ámbito editorial enfocado al público infantil y juvenil y también imparte clases de ilustración en el Máster de diseño e Ilustración de la Universidad de Valencia. Ha trabajado para diversos tipos de publicaciones como álbum ilustrado, libro de texto, narrativa juvenil, no ficción y también colabora con algunas revistas infantiles. Ilustra empleando técnicas digitales y es una consumidora voraz de literatura infantil y juvenil, la cual, junto con el cine y la fotografía, es su mayor fuente de inspiración.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión