O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos ani...
Leer descripción completa
12,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución do arrepiante misterio.
Andrea García Martínez naceu no ano 2000 en Santiago de Compostela, aínda que vive desde nena en Sigüeiro (Oroso), onde pasaba o seu tempo imaxinando historias de aventuras e misterio, as cales compartía a través do debuxo e do teatro. No ano 2018 trasládase a Ourense para formarse como ilustradora na EASD Antonio Faílde, onde cursa tamén estudos superiores de Deseño de Interiores. «Animais fantástisco de aldea» (Xerais, 2023), con texto e ilustracións da autora, é a súa primeira obra publicada.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión