Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas...
Leer descripción completa
9,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan.
Un día, engaiolada ante un castelo de area que unhas rapazas constrúen na praia, distráese e non pode evitar que a capturen. Terá que vivir arriscadas aventuras anter de recuperar a liberdade perdida e poder regresar ó seu fogar.
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios.
En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.
Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995).
Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión