A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máx...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.
Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compartindo desde sempre coa de escritora. Hai máis dunha década que é articulista no xornal «La Voz de Galicia» e colaborou en varios programas de debate da Radio Galega e Radio Voz. Desde hai anos desenvolve o papel de «experta en letras» en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo», publicadas en 1997, e continuada por títulos como «O Papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druidas» (2014); «Rubicundo» (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais 2016); «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2015 e 2016, «Muriel» (Xerais 2017), Premio Merlín 2017, «Unha fábrica de bicos» (Xerais 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón, «As pombas de Bastián» (Xerais 2021) e «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais 2023). En 2023 publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras». Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Filla de libreiro e mestra, medrou amando os libros. Ainda que estudou unha enxeñería, sempre soubo que a súa paixón era as artes plásticas e o deseño. Despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica titulouse como Técnico Superior en Ilustración na Escola de Artes Plásticas Pablo Picasso da Coruña. No 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido pola Escola I con I de Madrid. Dende 2015, ano no que sae publicado o seu primeiro álbume ilustrado, leva máis de 15 libros ilustrados nas costas, labor que compaxina co seu obradoiro creativo para público infantil e adulto, así como se encamiña cara a docencia no ámbito da educación reglada. Con Antela Editorial ilustra e escribe Elvira.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión