Materia Gallego (“galego”)

  • A Muller Xabaril

    Casalderrey, Fina

    978-84-1110-293-3

    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros.

    18.95€ (18.22€ sin IVA)
    18.95€ (18.22€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Trece avisos

    Carballeira, Paula / Fafián, Iria

    978-84-1110-122-6

    O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves.

    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Os comedores de patacas

    Rivas, Manuel

    978-84-9121-932-3

    Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Ri...

    18.95€ (18.22€ sin IVA)
    18.95€ (18.22€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Conta nove estrelas

    Maceiras, Andrea / Mayor, Paula

    978-84-9121-527-1

    Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta D...

    14.50€ (13.94€ sin IVA)
    14.50€ (13.94€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • santoamaro

    Fraga, Antonio Manuel

    978-84-9121-847-0

    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse...

    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Cobiza

    Reimóndez, María

    978-84-9121-778-7

    Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e...

    19.95€ (19.18€ sin IVA)
    19.95€ (19.18€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Follas novas

    de Castro, Rosalía / Mayoral, Marina / Roig, Blanca - Ana

    978-84-9121-488-5

    Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863. Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as...

    15.50€ (14.90€ sin IVA)
    15.50€ (14.90€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Formigas. Misión Camiño de Santiago

    Tobaruela, Pere / Meixide, Andrés

    978-84-9121-504-2

    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E par...

    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Vaia cabuxiño!

    O Hematocrítico / Villar, Mar

    978-84-9121-883-8

    O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz. Os habitantes do bosque temíano porque era unha besta parda que comía todo canto se lle puxese diante. Ata que un día un cabuxiño...

    15.95€ (15.34€ sin IVA)
    15.95€ (15.34€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • As escumas da letra

    Mariño Davila, Esperanza L. / Romero Pereira, Laura / LAURA ROMERO

    978-84-9995-443-1

    A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamé...

    20.00€ (19.23€ sin IVA)
    20.00€ (19.23€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Sibila

    Aneiros, Rosa

    978-84-9121-891-3

    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora...

    18.95€ (18.22€ sin IVA)
    18.95€ (18.22€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Dicionario dos seres míticos galegos

    Cuba, Xoán R. / Reigosa, Antonio / Miranda, Xosé / Enríquez, Lázaro

    978-84-1110-072-4

    O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e diverti...

    39.95€ (38.41€ sin IVA)
    39.95€ (38.41€ sin IVA)
    Disponibilidad media