Vermella con lobos
Vermella con lobos

Vermella con lobos

Blanco, Carmen

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9782-180-3
Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estrutura dos contos clásicos de " Carapucha vermella " , " Peter Pan "... Más información
Materias:
Cuentos
Editorial:
Edicións Xerais
Colección:
Edición Literaria - Narrativa
Encuadernación:
Tapa blanda o Bolsillo
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
ISBN:
978-84-9782-180-3
EAN:
9788497821803
Dimensiones:
220 x 145 mm.
Nº páginas:
96
Fecha publicación :
13-07-2004
Disponible en 1 librerías

Dónde encontrar "Vermella con lobos"

Disponible en 1 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Vermella con lobos"

    Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estrutura dos contos clásicos de " Carapucha vermella " , " Peter Pan " , " As mil e unha noites " , " A sereíña " , " Bucles de ouro " ou " Os tres osiños " , " Brancaneves " , " A bela dormente do bosque " , " Cincenta " , " Barba azul " e " Alicia no país das marabillas " . Novos contos totalmente afastados dos contidos misóxinos, reaccionarios e pouco liberadores das versións primitivas que os provocaron; historias, tan distintas das aprendidas como as deu a vida, cosidas todas elas por fíos libertarios de homenaxes e repudios. Contos que expresan nesa vontade de cambio a verdade, verdade viva de ficcion.

    Más sobre

    Blanco, Carmen

    Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011). Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008). Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010). É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie " Lobo azul " . Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.
    Más títulos de Blanco, Carmen
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario