Rafael Laso (Xinzo de Limia, 1965) é escritor e enxeñeiro técnico industrial, na especialidade de electricidade. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Por que Baldomero Quintáns? (2006), Premio de Narrativa Pura e Dora Vázquez; Un desexo de mil dólares (2006), Premio de Narrativa Manuel Oreste; Memoria contra Alzheimer (Xerais 2008); A vida que non é (2007); O trasmundo de Antioquia (2009); Unha vida de ra (2010), finalista no Frei Martín Sarmiento 2011; Cartas ao director (2012), finalista no Pura e Dora Vázquez 2011. Distintos relatos seus viron a luz en varios libros colectivos: Relatos de verán 2002, A Coruña á luz das letras, Relatos a Orola, Curtis treme: relatos de terror, Limiaxinacións.
Acadou tamén o premio de narrativa longa Airiños do Xunco 2007 do concello de Cervo e o premio de microrrelato Carlos Casares 2011 do Liceo de Ourense.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión