Esta é a historia dun conto… que case non conto!
Así empeza a narrar a protagonista deste álbum o que lle sucedeu unha tarde cando, mentres estaba a xogar tranquilamente na casa, un oso entrou pola xanela.
Oso camiñaba tropezando pola casa, esnaquizando todo canto atopaba. Ela, sen perder a calma, dispúxose a amañar aquela desfeita con cinta adhesiva, ata que viu que Oso case rompe un conto. Daquela enfadouse moito e berroulle. El reaccionou gruñindo e levantando unha pata, como se fose facerlle dano, pero, en realidade, estaba ferido e precisaba axuda.
Un libro que, con sinxeleza maxistral, tanto na imaxe como a nivel textual, abre unha fiestra para acordar sentimentos de solidariedade, ofrecer axuda a quen a necesita, manexar situacións pouco habituais e procurar solucións sen perder a calma. A recompensa, sen necesidade de dicilo explicitamente, a amizade.
Ademais, no álbum descubrimos que é o propio conto “Oso e mais eu” o obxecto máis valioso, o único que non se pode romper, o que garda a palabra, a imaxe e a emoción que transmite esta historia. Deste xeito, nun xogo de tempos que nos embarca desde o cotián ao mundo da nosa protagonista, experimentamos o que a ela lle acontece, acompañámola na súa aventura, provocando quizais resonancias, actitudes, emocións ou comportamentos que, nun futuro, poden servirnos como un punto de referencia.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión