O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade. Elas son o xenérico, o Outro difuso, mentres que a masculinidade hexemónica se apropiou da condición de suxeito que ostenta o logos, a capacidade racional, a palabra articulada.
Elas foron as encargadas de tecer as inscricións, que eles enunciaron, no tecido cultural. Ao suxeito hexemónico recoñecéuselle a alma racional, aos suxeitos subalternos cedéuselles a "phoné", a voz, propia da alma sensitiva, que non pode decidir o que é xusto ou inxusto, ou entre o ben e o mal. A voz d@ subaltern@ non pode decidir sobre a lei social, non pode escribir a palabra social, pero si debe manifestala no seu corpo, exercer a función subalterna de reproducir, de inscribir o ditado.
Inscribíronse corpos, escribíronse textos. Atravesando a antropoloxía, a moda, a arte, a literatura e o mercado, proponse a deconstrución do xénero, vinculándoo a unha certa emancipación cultural.
"Os corpos inscritos e os textos escritos" combina a análise filosófica coa creación literaria en forma de relatos, mesturando xéneros e, finalmente, desfacéndoos.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión