O espirito de Broustenac
O espirito de Broustenac

O espirito de Broustenac

Álvarez Cáccamo, Alfonso

Editorial:
XERAIS
ISBN:
978-84-8302-055-5
O espírito de Broustenac é unha novela de misterio, a cabalo entre a novela gótica e a novela histórica, sendo a primeira que na nosa tradición literaria se enfronta coa disección... Más información
Editorial:
XERAIS
Colección:
EDICIÓN LITERARIA
Encuadernación:
No definida.
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Español
ISBN:
978-84-8302-055-5
EAN:
9788483020555
Dimensiones:
210 x 130 mm.
Peso:
217 gramos
Nº páginas:
160
Fecha publicación :
12-01-1996
Disponible en 0 librerías

Dónde encontrar "O espirito de Broustenac"

Disponible en 0 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "O espirito de Broustenac"

    O espírito de Broustenac é unha novela de misterio, a cabalo entre a novela gótica e a novela histórica, sendo a primeira que na nosa tradición literaria se enfronta coa disección da vida interior dunha congregación relixiosa, a do mosteiro de Oia. A trama, que se desenvolve nos días anteriores á desamortización de Mendizábal no mes de xullo de 1835, artéllase sobre o nacemento dunha extraña criatura, abandonada pola súa nai o día do parto ás portas do mosteiro. Unha criatura enorme que posuía unha crista vermella que se estendía desde o ollo pineal ata a caluga, que se alimentará só de algas e que carecía de calquera orificio de saída. Un ser, ó que os freires chamarán Broustenac (suxerindo cada un deles unha letra), que ten poderes pouco convencionais: o da palabra prematura, o da clarividencia, o da interpretación musical, ou o da erección prematura.O crítico e profesor Manuel Forcadela ten sinalado que en O Espíríto de Broustenac establécese un pacto co lector no que, ao tempo que é precisa e detallada a documentación histórica, desde o mesmo inicio se aventura a presencia do extraordinario. O remate non defrauda, desde logo, as expectativas creadas, deixándonos o sabor da maxia e liberdade.Destaca, tamén, na novela a fluídez da escrita, que engaiola o lector, onde non faltan doses de humor sutil e reflexións metaliterarias.

    Más sobre

    Álvarez Cáccamo, Alfonso

    Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo 1952) é escritor e profesor. Colaborador habitual na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo. É autor e coordinador do blog de opinión «Pensamentos de Olafsson Mokk». Publicou os libros de poemas Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009). Entre a súa extensa obra narrativa publicou as novelas Peito de vimbio, premio Café de Catro a Catro de Novela (Xerais, 1988); As baleas de Eduardo Reinoso, premio Xerais de Novela (Xerais, 1990); Xente de mala morte, premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993); Catapulta (Xerais, 1995); O Espírito de Broustenac, premio Manuel García Barros de Novela (Xerais, 1996); O Bosque de Levas (2002); A revolución dos globos (2008); O Destino de Clarescura Lens (2012) e Os Gotten (Xerais, 2014).
    Más títulos de Álvarez Cáccamo, Alfonso
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    También te puede interesar

    Libros relacionados