Este é o último caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
Continuando coa serie numérica, engadimos o número 9 (traballando o seu grafo e a súa relación coa cantidade que representa) e o 0 (traballando tamén o seu grafo).
Para seguir ampliando o coñecemento matemático, introducimos o proceso de subtracción, presentando de maneira descritiva os tres pasos: estado inicial, transformación e estado final. Para facilitar a comprensión e a xeneralización deste proceso, utilizamos accións que, sendo distintas, implican a mesma operación (perder, romper, quitar...).
Co fin de interiorizar e de axilizar a operación aritmética da suma, introdúcese o cálculo mental e séguese a practicar a suma (horizontal e vertical), sempre co soporte gráfico.
No tocante á Lóxica, continuamos coas actividades de clasificación e de seriación, que son a base para a formación de conceptos e a organización do pensamento matemático.
Se ata o de agora, e dentro do apartado de Xeometría, se traballaron as formas planas básicas, neste caderno preséntanse os corpos xeométricos con volume: cubo, esfera e cono.
Repásanse algunhas das nocións espaciais xa traballadas con anterioridade, para favorecer a orientación do neno no espazo e para que entenda mellor a organización espacial.
Para adquirir unha noción aproximada de "lonxitude", utilízase unha nova unidade de medida natural: o pé, propoñendo actividades que se desenvolven de xeito vivencial e rexistrando o resultado das medicións na ficha.
En canto ás medidas de tempo, preséntanse secuencias concretas, que axudan o alumnado a mellorar a súa organización temporal (antes-agora-despois).
Ao final do caderno presentamos un xogo para repasar, de maneira lúdica, os principais contidos traballados.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión