Esta retranqueira historia sobre as diferenzas, a tolerancia e as identidades recórdanos que o máis importante da vida é o amor
A señora Bartolotti ten sona de excéntrica: confecciona alfombras artesás, vai vestida e maquillada de mil cores, cítase co boticario Egon dúas veces por semana e é adicta a comprar por correo. Un día recibe por mensaxaría un enorme bote de conserva... e del sáelle un fillo repentino, Konrad, o neno de sete anos máis modélico, formaliño e ben guiado do mundo. Son o día e noite, pero Konrad e a señora Bartolotti quérense desde o principio. Por iso toman medidas extraordinarias para seguir xuntos cando uns estraños homes vestidos de celeste ameazan con separalos...
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión