PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020
¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A pro...
Leer descripción completa
16,30€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020
¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos despois de abandonalo, decide presentarse no apartamento onde viviu coa súa familia durante a nenez e a adolescencia.
Cunha voz inconfundible, penetrante, orixinal e ao tempo case delicada, Berta Dávila narra a historia dunha memoria que rescata o presente. Para conseguir xuntalo cun pasado vívido, cálido, ao que se pode viaxar por medio da literatura. Illa Decepción devolve á novela o seu poder de convicción, a súa forza para unir a quen escribe e a quen le. Narradora e lectora, imaxinación e vida. Unha obra singular, única, que prende na memoria e que a lectura fai propia, persoal, de todo o mundo.
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Por «Raíz da fenda» (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía. Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas «O derradeiro libro de Emma Olsen» (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; «Carrusel» (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; «Illa Decepción» (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; «Os seres queridos» (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023; e «A ferida imaxinaria» (Xerais, 2024). No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados «A fuxida» (2014) e «O libro grande dos números pequenos» (Xerais, 2023), do libro de poemas «A pel do mundo» (2017), das novelas infantís «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (Xerais, 2022) e «O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)» (Xerais, 2024) e da novela xuvenil «Un elefante na sala de estar» (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021. Fotografía da autora: Adela Dávila.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión