Bernardo Atxaga (Asteasu, Gipuzkoa, 1951) licenciouse en Ciencias Económicas e desempenou diversos oficios ata que na década de 1980 consagrou o seu quefacer á literatura escrita orixinalmente en éuscaro. Como narrador ten publicado, entre outras obras: "Bi letter jaso nituen oso denbora gutxian" (1984) ("Dúas letters", 1992), relato; "Bi anai" (1985) ("Dous irmáns"), novela curta; "Obabakoak" (1989), novela, Premio Euskadi, Premio da Crítica, Prix Millepages e Premio Nacional de Narrativa; "Behi euskaldun baten memoriak" (1991) ("Memorias dunha vaca", 1999); "Gizona bere bakardadean" (1993) ("O home só"); "Zeru oriek" (1995) ("Eses ceos"); "Sara izeneko gisona" (1996) ("Unha espía chamado Sara", 1998) e "Soinujolearen semea" (2003) ("O fillo do acordeonista", Xerais 2004), novela, premio da crítica 2003. Como poeta publicou "Etiopía" (1978), "Henry Bengoa, inventarium" (1988), "XX. Mendeko poesia kaeirek" (2000), antoloxía.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión