Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura...
Leer descripción completa
23,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura. Agora que se apaga e que remata, Rosalía edifica unha extraordinaria arquitectura lírica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus límites, para as súas dúbidas e abismos. «En las orillas del Sar» é final e cume dunha escritora extraordinaria.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de «En las orillas del Sar» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.
Rosalía de Castro (1837-1885) é considerada como a escritora nacional de Galicia e a publicación de «Cantares gallegos» (1863) tense como o inicio do denominado Rexurdimento. Filla da fidalguía rural galega, na vida de Rosalía considéranse decisivos para a súa formación intelectual o paso polo Liceo de la Juventud en Compostela e a posterior experiencia madrileña. Foi en Madrid onde publi-cou a súa primeira obra («La Flor», 1857) e onde coñeceu e casou con Manuel Murguía (1858). A súa vida a partir de aquí coñeceu unha grande itinerancia e unha intensa dedicación á escrita. En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas («Lieders» e «Las literatas»), o seu avanzado pensamento político e social («Follas novas», «El caballero de las botas azules») ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu, como proban «Follas novas» e «En las orillas del Sar». Fiel á súa Terra de Iria, a pesar de tanto vagar, pasou nela os seus derradeiros anos de vida e nela compuxo esta última obra, capital na súa produción. Enterrada no cemiterio da Adina en Iria, os seus restos foron trasladados a San Domingos de Bonaval, no que hoxe é o Panteón de Galegos Ilustres.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión