Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial...
Leer descripción completa
13,95€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago de Compostela, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias.
Un crime arrepiante sacode a comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.
Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, "nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico".
Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión