Estes dous volumes de Contos prodixiosos completan a colección Cabalo buligán, nacida hai cinco anos para recuperar e actualizar o conto popular de tradición oral galego. Preparados como as anteriores entregas polos escritores lucenses Xosé Miranda e Antonio Reigosa, a partir de versións orais existentes na actualidade, estes contos prodixiosos dan conta de algo ou alguén extraordinario que intervén na breve historia que refiren. Ás veces, o prodicio, a marabilla, é obra dun ser sobrenatural; outras, en cambio, é produto da habilidade e da capacidade dun personaxe listo que supera a situación con intelixencia. Sempre, en todo caso, como sinalan os autores, será o lector o que faga posible o prodicio do que se fala.
O segundo volume, Contos prodixiosos II, que completa a vintena de entregas de Cabalo buligán, pon a disposición dos lectores contos que, dentro da clase de contos fantásticos, pertencen a unha nova categoría, a dos chamados relixiosos, pois son sempre protagonizados por Deus, por Xesús, polos santos e polo demo. Con todo, baixo a superficie pía destes contos, estásenos contando algo ben semellante o que se estaban contando nos de maxia, marabillosos, fantásticos ou de encantamento. Son estes, pois, estes os contos relixiosos de Cristo e san Pedro peregrinos en Galicia. O volume ilustrado por Chus Ferrín, inclúe o conto "o vello e as lampadiñas da vida", preparado por Antonio Reigosa e unha serie doutros máis breves, reesritos por Xosé Miranda, como "Cristo e san Pedro en Galicia", "Os tres desexos", "A fonte no cu do lobo", "o ladrón transformado en asno", "o pecador resucitado", "A devota e o blasfemo", "Por qué é calvo san Pedro", "por qué a lúa está marxada", "As tres rosas" ou "A fuxida de Exipto".
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión