Un proxecto enfocado á aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía baseado nos contidos curriculares e na práctica na aula, todo isto adaptado ás necesidades e aptitudes de cada curso. O li...
Leer descripción completa
Precio desconcido
Alerta disponibilidad
Acepto recibir correos de notificación de disponibilidad
No disponible
Información
Descripción
Un proxecto enfocado á aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía baseado nos contidos curriculares e na práctica na aula, todo isto adaptado ás necesidades e aptitudes de cada curso. O libro do alumno ofrece un gran número de actividades teóricas, prácticas, competenciais e interactivas que pretenden contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas. Préstase unha especial atención ás novas tecnoloxías a través de vídeos, actividades interactivas e animacións co fin de introducir os alumnos na sociedade da información e facilitar, ao mesmo tempo, a gran cantidade de posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para esta materia.O proxecto CELME ofrece un tratamento integral na área de Bioloxía e Xeoloxía, cuxos principais sinais de identidade son:—PARTIMOS DE INTERROGANTES E SITUACIÓNS PRÓXIMAS AO ALUMNO: Con imaxes e ilustracións contextualizadas moi afíns á realidade máis próxima, para provocar a motivación por aprender e conseguir así unha aprendizaxe significativa.—APOSTAMOS POLA EXPERIMENTACIÓN: É necesario comprender para aprender e aprender facendo. Propoñemos utilizar métodos da ciencia a través de experiencias sinxelas na aula que obriguen os alumnos a participar activamente na súa aprendizaxe, e ademais propoñemos un traballo de investigación no apartado Ciencia en acción.—CELMEDIXITAL OFRÉCECHE UN CONTORNO DE TRABALLO PERSOAL: Integra ferramentas do mundo dixital que enriquecerán as túas clases de xeito sinxelo e seguro. Poñemos as TIC ao servizo da ciencia, e diversificamos o tipo de actividades.
1.A organización do corpo humano2.Dos alimentos aos nutrientes3.Os alimentos e a dieta4.A eliminación dos refugallos e o transporte5.A coordinación do noso organismo6.Receptores e efectores. Estímulos e respostas7.A reproducción8.A saúde e a enfermidade9.Por que cambia o relevo duns lugares a outros?10.As augas cambian o relevo11.O xeo, o vento e o mar12.Volcáns e terremotos13.Os ecosistemas14.Degradación e conservación do medio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión