En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocu...
Leer descripción completa
14,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor.
''As cousas claras'' de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. ''As cousas claras'', ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.
XOSÉ A. NEIRA CRUZ é xornalista, escritor e profesor na USC. Licenciado en Xornalismo e Filoloxía Italiana, é doutor en Comunicación e en Filoloxía Italiana, e máster en Dereito Premial. Autor de máis de 30 obras, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988 e 2000); o Barco de Vapor (1997 e 1999); o Raíña Lupa (2002); o Lazarillo (2004); o Fiz Vergara Vilariño de poesía (2007); o White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (2005 e 2009); o IBBY Honour List (2006); o Los Mejores del Banco del Libro de Venezuela (2006); o Premio ao mellor libro estranxeiro no Brasil en 2008, da FNLIJ; os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009 e 2010), o Premio Repsol de Narrativa (2017) e o Carlos Mosteiro de literatura infantil (2019). Autor convidado nas feiras do libro de Buenos Aires (2006),
La Habana (2008) e Guadalajara (2009), no Salão do Livro de Rio de Janeiro (2007), no Berlin Litteratur Festival (2009) e no festival Favole in crescita, Montecassino (2016). Con Veleno de tinta impresa (Xerais, 2020) gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión