Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba,...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
"A biblioteca de Pedrarcana" é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.
Carlos Taboada (Pontevedra, 1979) é ilustrador, publicista, escritor e sobre todo lector. En 2008 fundou xunto a Enrique Mauricio o colectivo de actividades creativas Polo Correo do Vento a partir da colección de libros do mesmo nome. Esta colección consta de sete volumes dirixidos ao público infantil e foi publicada por Edicións Xerais de Galicia ese mesmo ano. Dende entón, a través de Polo Correo do Vento, ten levado a cabo numerosos traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e diversas publicacións infantís como Un ronsel de ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016), Periplo atlántico (2016) ou Meiga nova. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Actualmente dedicase á realización de actividades de animación á lectura, obradoiros de ilustración e á creación de historias. A biblioteca de Pedrarcana (Xerais, 2018), a súa primeira obra en solitario, foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión