Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca...
Leer descripción completa
23,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea. Nestes tempos estraños, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e novos) paradigmas do librecambismo xa non resultan válidos para resolver os problemas e retos do mundo actual, a reflexión amósase como virtude indispensábel, que nos permite facérmonos preguntas e intentar comprender a clave do arcano sen deixarnos confundir polos ouropeis da modernidade e as luces de cores do politicamente correcto. «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» é unha invitación a fuxir da trivialidade para centrármonos no esencial: investigar e analizar o alcance do Poder, a súa dimensión real dentro da complexidade do mundo actual, profundando na xénese do sistema capitalista neoliberal e no papel das forzas alternativas nesta encrucillada histórica.
Alberte Blanco Casal (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951), escritor, enxeñeiro e profesor xubilado de ensino secundario. Colabora coa revista «Grial» e coa publicación periódica do Fórum Galaico Transmontano de Chaves (Portugal). Foi columnista do xornal «Nós Diario» ata xaneiro de 2024, onde segue como colaborador. En calidade de Director Xeral de Montes participou na obra colectiva «Os incendios forestais en Galicia» (2006). En 2015 publicou a obra de investigación «O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930» e en 2017 participou como relator e coordinador na obra colectiva «O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?». En 2019 publicou «Memorias da brétema», un libro de investigación histórica, crónicas e memorias de infancia e adolescencia, e dous anos despois, «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» (Xerais, 2021). En 2023 participa como relator na obra «Diario de José Casal» e en 2024 participa tamén nunha obra colectiva sobre o 150 aniversario do camiño de ferro en Galicia, promovida pola Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril.
Como narrador literario publicou as novelas «Arcadia. Os gardiáns do segredo» (2013); «O Códice esmeralda» (Xerais, 2017, finalista do Premio Xerais de Novela en 2015) e «A soidade do inquisidor» (Xerais, 2024).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión