Xelís, o guieiro das botellas de mar
Xelís, o guieiro das botellas de mar

Xelís, o guieiro das botellas de mar

Aneiros, Rosa

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9121-960-6
Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plás... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Ilustrador:
Meixide, Andrés
Encuadernación:
Libro electrónico
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Castellano
ISBN:
978-84-9121-960-6
EAN:
9788491219606
Fecha publicación :
10-10-2019
Disponible en 0 librerías

Dónde encontrar "Xelís, o guieiro das botellas de mar"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 0 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Xelís, o guieiro das botellas de mar"

    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otilc e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta. Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos!

    Más sobre

    Aneiros, Rosa

    Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais 2009), Premio Xerais de Novela e Premio Fervenzas Literarias á Mellor portada de adultos 2009. En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o senti-do!» (2019), e na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guiei-ro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, e «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018. Con «Sibila» (Xerais 2021), publicada na colección Narrativa, retoma a narrativa para publico adulto.
    Más títulos de Aneiros, Rosa
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    También te puede interesar

    Libros relacionados