Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio...
Leer descripción completa
8,80€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia.
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
Son mestra. A miña infancia desenvolveuse nun ambiente rural, cheo de vivencias entrañables e de agarimo, aínda que escaso de libros. Se cadra foi por iso que devoraba con ansia os poucos que chegaban ás miñas mans. Recordo con agarimo as historias que me contaba o meu pai, as alegres merendas logo de sementar o terreo, as perrenchas por quedar cun gato que atopara nun camiño, a miña primeira escola... Ás veces apetéceme mesturar as miñas propias vivencias cos soños, a imaxinación coa fantasía..., e crear historias na miña mente, que só logo de darlles moitas voltas paso ao papel. Tamén gozo investigando e aprendendo cousas sobre a cultura da miña terra, da miña xente, que logo procuro compartir cos demais. Así naceron libros como O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia, escritos sempre en colaboración con Mariano García (o meu marido), ou traballos sobre os hórreos, a climatoloxía e a astroloxía popular, os xogos, o medicamento popular..., nos que, coa participación dos meus alumnos e alumnas, logramos diferentes premios. Outra das miñas afeccións é o teatro. Escribilo, dirixilo, ou mesmo representalo, faime gozar extraordinariamente.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión