«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma d...
Leer descripción completa
24,50€22,05€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade.
Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepetibles como Louise Michel, Eugène Varlin, Jules Vallès, Henri Rochefort, Nathalie Lemel ou Gustave Courbet, protagonistas dun tempo de esperanza que recorda na súa orixe e no seu destino tempos históricos máis recentes.
Cun estilo envolvente e preciso, capaz de combinar o rigor histórico e a pulsión narrativa, Carlos Meixide recrea o ambiente dos distintos escenarios: clubs, tabernas, redaccións de xornais, barricadas... en que tivo lugar o primeiro gran combate entre o capitalismo e a clase traballadora. Unha novela vibrante sobre a condición humana, sobre a fraternidade e o compromiso, sobre a xustiza e o medo, sobre a ilusión e o fracaso.
Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977) é xornalista e escritor. A súa primeira novela, «O home inédito» (2005), foi a primeira novela galega publicada en Internet. Autoedita os seus libros para público mozo e adulto desde o ano 2015. Entre eles, destaca a serie «Os cinco de Ons», protagonizada por unha cuadrilla de adolescentes que se xunta nas vacacións arredor de diferentes misterios, e da que forman parte «Ons» (2015), «Cans» (2016), «Guitiriz» (2017), «Arousa» (2018) e «Portugal» (2022). En 2023 publica por primeira vez na colección Merlín a novela infantil «Ánxela e Spencer», finalista en dúas ocasións do Premio Merlín de Literatura. É tamén autor de «Inge e Robbie» (2016), «A memoria dos meus pasos» (2017) e «Camiño de paixóns» (2019), que recibiu o I Premio de Novela do Camiño de Santiago. «Viva a Comuna!» (2023) é a súa primeira obra na colección Narrativa de Xerais.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión