Vidas senlleiras

Vidas senlleiras

Editorial
Edicións Xerais de Galicia
Materia
Ficción y temas afines | Gallego (galego)
Colección
Narrativa
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Nº páginas
120
ISBN
978-84-7507-679-9
EAN
9788475076799
Dimensiones
130 x 210 mm.
Fecha publicación
01-12-1996
Precio
9.10€ (8.75€ sin IVA)

Dónde comprarlo(2 librerías)

    Autor

    Darío Xohán Cabana (Terra Chá, 1952) traballou nas Edicións Castrelos (1970-75), foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 colabora diariamente con La Voz de Galicia cun crucigrama en galego e é membro do Consello de Redacción de " A Trabe de Ouro " . Polos seus libros de poesía obtivo os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). Como poeta, é autor de títulos como " Verbas a un irmao " (1970), " Romanceiro da Terra Cha " (1973), " Ábrelle a porta ó día " (1981), " A fraga amurallada " (1983), " Amor e tempo liso " (1987), " Patria do mar " (1989) e " Canta de cerca a morte " (1994), entre outros. Reuniu toda a súa obra poética no volume " Vinte cadernos. Poemas 1969-2002 " (Xerais 2003). Como narrador gañou varios premios, entre os que destaca o Xerais de novela (1989 e 1994) e publicou libros como " Galván en Saor " (Premio Xerais de novela, Xerais 1989), un dos máis vendidos da literatura galega recente; " Fortunato de Trasmundi " (Xerais 1990); " Cándido Branco e o Cabaleiro Negro " (Xerais 1992); " Vidas senlleiras " (Premio Cidade de Lugo, Xerais 1992); " O cervo na torre " (Premio Xerais de novela, Xerais 1994), Morte de rei (Xerais 1996) e " Mitos e memorias " (Xerais 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil: " As aventuras de Breogán Folgueira " (Xerais 1990), " O avión de Cangas " (Xerais 1992), " O castrón de ouro " (1994), " Chucho Cacho " (Xerais 1994), etc. Publicou, ademais, a biografía Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais 2008). En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florenza pola súas traduccións de clásicos italianos como Dante ( " A divina comedia " ) e Petrarca ( " Cancioneiro " ). A súa traxectoria biográfica está recollido no libro de José Luis Calvo e Yago Rodríguez " Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita " (Xerais 2007).

    Sinopsis

    Información no disponible