POR FIN UNHA COLECCIÓN DE LIBROS DE AVENTURAS E MISTERIOS PARA NENAS E NENOS CURIOSOS.
Con fantásticas ilustracións a toda cor. A partir de 7 anos.
-------------------------------------------------------
O DRAGÓN DE XADE (Txano e Óscar Nº3)
Ola! Eu son Txano, e o meu xemelgo fraternal chámase Óscar.
Sabes onde comeza esta historia?
Pois nun remoto mosteiro chinés. Alí, a escultura dun precioso dragón de xade e a súa lenda levaban séculos esquecidas no fondo dun almacén.
Cando un terremoto sacudiu a zona e os equipos de rescate chegaron ao mosteiro, atoparon o dragón milagrosamente intacto.
O destino acabouno traendo a Twin City e, sen comelo nin bebelo, encontrámonos no medio dun misterio que levaba oitocentos anos agardando.
Apúntaste á aventura?
--------------------------------------------------------
Literatura infantil de calidade con historias e personaxes actuais. A maxia, os superheroes, os drones, Internet ou os videoxogos son referentes cos que os nenos e nenas poden identificarse facilmente.
Máis de 130 páxinas de diversión, de aventura e de misterio con ilustracións en cor. Txano, Óscar e as súas amigas e amigos adoran os misterios e, en cada libro, dedícanse a resolver aqueles que se cruzan no seu camiño.
Libros publicados na colección:
- A pedra verde (Txano e Óscar 1)
- Operación Sabuxo (Txano e Óscar 2)
- O dragón de xade (Txano e Óscar 3)
- O segredo do pobo dogón (Txano e Óscar 4)
- O conxuro escarlata (Txano e Óscar 5)
- Os veciños subterráneos (Txano e Óscar 6)
- A tumba do emperador tigre (Txano e Óscar 7) - Pronto
- A dobre aguia (Txano e Óscar 8) - Pronto
- Misión Aurora (Txano e Óscar 9) - Pronto
- A gaiola de cristal (Txano e Óscar 10) - Pronto
- Unha aperta para SUSI (Txano e Óscar 11) - Pronto
- Ollos no ceo (Txano e Óscar 12) - Pronto
Que disfrutes de la lectura!
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión