AVEL·LÍ ARTÍS-GENER (Barcelona 1912-2000) é un dos escritores cataláns de culto. Coñecido tamén polo alcume Tísner, foi xornalista, pintor, escenógrafo, tradutor e director artístico de publicidade. Durante a Guerra Civil loitou no exército da República, foi internado no campo de concentración de Coll d'Ares e posteriormente exiliouse en París e en México, país no que residirá durante vinte e cinco anos, en contacto coa cultura precolombina. Estableceu relación co exilio galego no buque Ipanema.
Paraules d'Opòton el Vell (1968) está considerada como unha das mellores obras da literatura catalá do século XX. Autor dunha longa obra literaria e gráfica, recibiu a Creu de Sant Jordi, así como os premios Ciutat de Barcelona de Narrativa Catalana, Crítica Serra d'Or ou o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión