Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, cami...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.
Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.
David Pérez Iglesias (Ames, 1962) é escritor, guionista e profesor de lingua e literatura no IES de Porto do Son. Como narrador publicou: «O pergameo de Elir» (1987); «Estación Término» (Xerais, 1993), Premio de relato Cidade de Lugo; «Cando veña a noite» (2005), premio Antón Avilés de Taramancos, e «Todo o tempo do mundo» (Xerais, 2016), Premio Merlín de Literatura Infantil. Algúns dos seus relatos forman parte de obras colectivas como «Samago, Fascismo» de «Tecendo Panos» (2000), Premio Manuel Murguía de narracións breves; «Mares do Sur» de «Paisaxes e palabras» (2001) e «Vidros» d' «A garza insomne» (2016). É responsable da canle de vídeo SonCine, traballo de innovación didáctica polo que foi premiado pola Consellaría de Educación e a ASPG.
Marcos Viso (Ourense, 1973) é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña, profesión que exerceu ata o ano 2013, cando decidiu dedicarse á ilustración. Despois de terminar o Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Faílde de Ourense, realizou en 2013 o curso «Taller do A ao Z, realización dun álbum ilustrado», impartido por Jorge Zentner, Mariona Cabassa e Rebeca Luciani en Barcelona. Na actualidade reside en Ourense, onde traballa en varios proxectos persoais de álbum ilustrado e imparte clases de debuxo e ilustración. En Xerais publicou o álbum «Vaite xa!» (2016) e ilustrou os libros «Unha casiña branca» (2015) de Marcos Calveiro, «Todo o tempo do mundo» (2016) de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, «Avións de papel» (2017) de Xavier Estévez, e "Paseniño, paseniño" de Antonio Garcia Teijeiro. Dá noticia dos seus traballos na web: www.marcosvisoilustracion.com.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión