Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun so...
Leer descripción completa
11,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa.
A Lola gustaríalle saber se o trobador acabou o poema algunha vez; e se foi así, como acaba. Alex, para gañar o amor de Lola, seguindo os consellos do seu avó, que está morto pero vén visitalo nos soños, vai intentar descubrir se Martiño da Grixa rematou o poema, e para conseguilo terá que enfrontarse a algún monstro mariño.
Unha aventura inspirada pola lírica medieval galega e pola cultura mariñeira.
X. H. Rivadulla Corcón (A Coruña, 1962) é poeta, narrador, dramaturgo e guionista de televisión. Traballa dirixindo e escribindo programas para a TVG, especializado na cultura mariñeira. Publicou a novela "Do mar e a noite" (2002); os poemarios "Taberna á deriva" (2002), "O adeus do vello mariñeiro" (Xerais 2007), "Camiño ao mar" (2010), "Os papeis do vagabundo" (2010) e "Tankas da vida salgada" (2019); e as pezas teatrais "¡Furga Garabela!" (2001) "Salitre" (2003) e "Pan" (2008). As obras de literatura infantil e xuvenil que ten publicadas son: "O bebé máxico" (2000), "O elefante dunha soa orella" (2004. Premio Frei Martín Sarmiento), "¿A que veñen as gaivotas a Compostela?" (2006), "O sorriso de Claudia" (2007. Premio Frei Martín Sarmiento), "A balada de Roi Nemiña" (2007), "Os piratas da illa da Esperanza" (Xerais, 2008. Premio Frei Martín Sarmiento), "Amar unha serea" (2011), "O noso amor será eterno" (Xerais, 2011), "Soños de mar" (Xerais, 2014) e "Cando soa a buguina" (2020).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión