A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, "Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a n...
Leer descripción completa
19,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, "Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta -última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía- accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.
«Velaquí unha proposta narrativa pouco frecuente coa que o seu autor, Moncho Rouco, aparece na literatura galega, novel e vizoso pero con ampla experiencia, para deixarnos un relato orixinal, divertido e reflexivo a un tempo. Sospeito que o seu Soño correrá o destino daqueles libros privilexiados que nos gusta compartir.»
María Xosé Porteiro
Moncho Rouco leva a gala ser da Costa da Morte. Naceu en Ponteceso, entre as frías augas do río Anllóns e Valarés. De moi novo, instalouse coa súa familia na Coruña e alí pasou a infancia e mocidade nos anos sesenta e setenta. Logo de vivir en moitos outros lugares da Península, recalou en Tenerife, onde reside desde hai case trinta anos. É arquitecto técnico, construtor, articulista e, a partir deste Soño de infancia, escritor. Ao xeito do seu admirado Lennon, Rouco di de si mesmo que é un soñador a tempo completo.
www.otaboleirodemonchorouco.blogspot.com
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión