Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da músic...
Leer descripción completa
19,95€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.
Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.
Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.
Iván Sende (Vedra-A Coruña, 1977) estudou ilustración na Escola de Artes Pablo Picasso. O seu primeiro libro ilustrado para Xerais foi «Usha» (2008), ao que seguiron «Lía e as zapatillas de deporte» (2008), «O monstro das palabras» (2009) e «Volvo! O regreso de Usha» (2014), todos eles da autoría de María Reimóndez. En 2015 ilustrou «Sira e o robot», de Mark Wierma e Miguel Mosqueira, e en 2020, «A formiga destemida», de María Reimóndez. O álbum «Bea» (Xerais 2008) foi o seu primeiro libro como autor e ilustrador.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión