Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunc...
Leer descripción completa
17,95€16,16€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.
"Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.
O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.
"Shanghai a Barcelona" é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.
Amador Castro Moure (Chantada, 1962) vive desde cativo en Barcelona, onde se licenciou en Socioloxía e desenvolveu o oficio de informático. Nos anos mozos cofundou a revista de poesía «Sorra» e a banda punk 100.000 Profilácticos. Hoxe, felizmente xubilado, é libre para dedicar o seu tempo ao que lle apetece.
Ten publicados poemas nas obras colectivas «Escolma da poesía galega 1976-1984» (1984) e «Ecos dos poetas de Chantada: miscelánea de poemas do século XII ao XXI» (2017), ambas de Xosé Lois García. Como narrador publicou «Memorias de antes do encoro» (2013), «Pillabán, pillabán» (2018) e «Shanghai a Barcelona» (Premio Xerais de Novela 2019). Con «Pronto hei de volver» (Xerais, 2023) recibiu o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2022.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión