Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pen...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta... E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males.
FINALISTA DO PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2015
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. En 2023 publica o álbum de aprendizaxe temperá «Moita froita!». Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión