Principio de incerteza
Principio de incerteza

Principio de incerteza

Ortega, Pilar

Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
978-84-9121-382-6
Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra d... Más información
Editorial:
Edicións Xerais
Encuadernación:
Libro electrónico
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Gallego
Idioma original :
Gallego
ISBN:
978-84-9121-382-6
EAN:
9788491213826
Fecha publicación :
10-05-2018
Disponible en 0 librerías

Dónde encontrar "Principio de incerteza"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 0 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Principio de incerteza"

    Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? "Principio de Incerteza" relata a historia de Lía, unha profesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propia timidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terrible episodio na casa. Nesta viaxe emocional, Lía atoparase cara a cara co seu pasado, co seu futuro como nai e co dilema sempre aberto de ata que punto un docente debe ou non tomar parte na vida persoal dun alumno. Esta historia -estruturada en nove capítulos arredor do Principio de Incerteza de Heisenberg- aborda en última instancia o tema do amor, da soidade e da importancia das relacións interpersoais como esencia final do ser humano.

    Más sobre

    Ortega, Pilar

    Pilar Ortega Pereiro naceu en Vigo no ano 1975. Estudou Enxeñería Industrial e desde 2001 exerce como docente da materia de Tecnoloxía no Ensino Secundario. Desde pequena compaxina a súa paixón polas ciencias puras coa necesidade de expresar o seu mundo a través da escrita. Varios dos seus relatos foron premiados en concursos literarios e están recollidos dentro de volumes colectivos: «París de Oito a Nove» en II Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos (Xerais, 2001), «O soño do peneque» (2011) e «Sereo» (2016). No ano 2008 foi finalista do Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior pola obra Virxinia (Xerais, 2008). No seu haber conta tamén co XII premio de Microrrelato Carlos Casares e obtivo o Premio de Narración Curta Ánxel Fole coa novela «Principio de incerteza» (Xerais, 2018).
    Más títulos de Ortega, Pilar
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    También te puede interesar

    Libros relacionados