Poesía galega: Crítica e metodoloxía

Poesía galega: Crítica e metodoloxía

Editorial
XERAIS
Materia
Literatura: historia y crítica
Colección
OBRAS DE REFERENCIA
Encuadernación
No definida.
Nº páginas
456
ISBN
978-84-7507-399-6
EAN
9788475073996
Dimensiones
210 x 130 mm.
Peso
479
Fecha publicación
11-01-1990
Precio
14.25€ (13.70€ sin IVA)

Dónde comprarlo(1 librerías)

    Autor

    Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) é poeta, narrador, ensaísta e autor teatral. Foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Bretaña Sur en Lorient e da Alta Bretaña en Rennes, por onde foi investido Doutor Honoris Causa. Exerce na Universidade de Santiago de Compostela, na que dirixe a revista literaria Moenia e a Cátedra Valente de Poesía e Estética. Coordina Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Traducido a numerosos idiomas, recibiu, no terreo poético, o Premio da Crítica Española; no investigador, por dúas veces o Premio Losada Diéguez, e, no académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento. Como poeta, agrupou as súas obras en ciclos temáticos: o erótico en Vulva (1990), que contén Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981), Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988); o fílmico en Cinepoemas (Xerais, 1983); o histórico na Triloxía da Memoria, conformada por Lugo blues (1987), A loita continúa (Xerais, 2004) e Ámote vermella (Xerais, 2009), e o nómade, integrado por Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este último editado cun estudo de Olga Novo. Reuniu toda a súa obra poética verbal en Amores e clamores (2011) e expuxo e publicou poesía visual, ademais de editar co pintor surrealista Eugenio Granell a obra Rastros de vida e poesía (2000). Como narrador publicou Meta-relatos (Xerais, 1988), Os paraísos eróticos (2010) e outras narracións reunidas no libro en Contos e descontos (2011), e como autor teatral editou e representou As costureiras (2006). Como estudoso publicou Antonio Machado e Galicia (1989), Poesía galega (Xerais, 1989), Arte literaria (Xerais, 1991), Comentarios de textos contemporáneos (Xerais, 1992), Comentarios de textos populares e de masas (Xerais, 1994), A literatura galega durante a guerra civil (Xerais, 1994), Acometida atlántica (1996), Guía de investigación literaria (1998), Borges dende o labirinto galego (2009), etc. Ademais realizou numerosos libros e edicións en torno ao narrador Ánxel Fole -A Galicia misteriosa de Anxel Fole (1981), Contos de lobos (Xerais, 1985), Ánxel Fole. Vida e obra (Xerais, 1997), Ánxel Fole. Unha fotobiografía (Xerais, 1997), O mundo lucense de Ánxel Fole (1997), Obra galega completa (1997), Obra literaria completa (2003), etc.- e ao poeta José Ángel Valente -Cántigas de alén (1987), José Ángel Valente (1992), Material Valente (1994), Valente: el fulgor y las tinieblas (2008), Cuaderno de versiones (2001), Cima del canto (2002), Obras completas. Ensayos (2008), etc.-, entre outros escritores galegos (Castelao, Pimentel, Dieste, Carballo, Ángel Johan, Blanco Torres, Novoneyra, Méndez Ferrín) e non galegos: A lenda do Gran Inquisidor, de Dostoievski (Xerais, 1998).

    Sinopsis

    Poesía galega expón críticamente principios teóricos e metodolóxicos da análise literaria aplicados a autores tan fundamentais na cultura galega como Rosalía, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Carballo Calero, Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Novoneyra, Manuel María, Méndez Ferrín ou López-Casanova.A monumental bibliografía teórica utilizada aparece condensada a través dunhas bases clarificadoras e orientativas que serven de preámbulo á súa aplicación crítica, adoptaándose un criterio intermetodolóxico e actualizador que integra as aportacións máis significativas da ciencia literaria (ecdótica, fenomenoloxía, estilística, formalismo, estructuralismo, new criticism, semiótica, marxismo, estética da recepción, etc.), así como outras de carácter interdisciplinar, procedentes da historia social, da antropoloxía, da filosofía ou da psicoloxía.A conxugación da investigación científica coa dimensión didáctica non esquece o comentario de textos, sobre o que se propón aquí un modelo completo coas súas conseguintes aplicacións prácticas.