Poesía galega completa

Tovar Bobillo, Antonio

Editorial:
Ediciones Akal
ISBN:
978-84-7339-069-9
Sinopsis
Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da no... Más información
978-84-7339-069-9 / Ediciones Akal
1,96€
(1,88€ sin IVA)
Reservar y recoge en tu librería preferida
Disponible en 1 librerías

Dónde encontrar "Poesía galega completa"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 1 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "Poesía galega completa"

    Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os críticos da máis diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada ...) téñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da súa obra poética. algús, mesmo, xulgan que o seu nome é un dos dous primeiros da poesía galega de hoxe. para outros é un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da crítica, o poeta Tovar –escritor, ademáis, de gramática doada- inda non conqueríu o público que voces de menos entidade teñen acadado no país. Este volume contén tres dos seus libros poéticos, dous en reedición (“Arredores” e “Non”) e ún en primeira impresión (“O vento no teu colo”). Co este libro –subtitulado “Poemas a Tucha”, que é a muller do poeta- a poesía de lingua galega asómase a un eido fai tempo pouco transitado, o do amor, un amor cheo de vida e de quentura latexante e sin as arañeiras da retórica e do idealismo. A súa entrega ó amor, á muller,, compañeira, é, ás veces, a fuxida do desamparo e do desacougo no que ten vivido o orfo radical que era Antonio Tovar. Nos outros dous libros o Tovar leva a cabo a tarefa de tnatos e tantos poetas líricos. percurar a intimidade, si ben nel a indagación é tan fonda e tan singular que jai poemas que constituyen un encontro coa mismidade, poemas que constituyen un encontro coa mimidade, unha mismidade de tal xeito configurada que ela por si é xa unha acusación, un alegato contra o mundo. ¡Engalolando poeta o autor que, á forza de se buscar, amósanos, de paso, a fasquía noxenta da sociedade! Na historia da poesía galega –rexeiten o que queiran os antólogos- o nome de Tovar está entre os primeiros. Cumpría, pos, para ben de todos, escorrentar tangaraños e meigallos.
    Ficha Técnica

    Más información

    Materias:
    Poesía
    Editorial:
    Ediciones Akal
    Colección:
    Arealonga
    Encuadernación:
    No definida.
    País de publicación :
    España
    Idioma de publicación :
    Castellano
    Idioma original :
    Castellano
    Autor:
    Tovar Bobillo, Antonio
    ISBN:
    978-84-7339-069-9
    EAN:
    9788473390699
    Dimensiones:
    180 x 120 mm.
    Peso:
    150 gramos
    Nº páginas:
    176
    Fecha publicación :
    01-03-2015
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    ¿No has encontrado lo que buscas?

    Prueba con una nueva búsqueda