Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, mac...
Leer descripción completa
18,90€
Disponibilidad media
Información
Descripción
Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, machista militante e con éxito social, unha esposa sometida, unha nai rebelde, dúas migrantes vítimas do mundo da prostitución, outras dúas mulleres procedentes do rural abocadas ao servizo e unha moza urbana que conta coas ferramentas para revolucionar o mundo, dan forma a esta historia de supervivencias.
Cada unha das protagonistas, e todas xuntas, vanlle dar un novo sentido ao concepto do triunfo. Daquela, estamos tamén ante unha historia de xustiza poética, de rebelión, de esperanza.
Llerena Perozo Porteiro (Vigo, 1974) non ten un oficio ao uso. Desde 2020 vive na Gargalleira (Silleda), onde habita un proxecto vital e social de volta á natureza, ao rural e á cultura. Ademais do seu activismo ecofeminista, a súa traxectoria profesional inscríbese nos eidos da cultura, do medio ambiente e da igualdade.
Colaboradora regular en medios de comunicación («Praza Pública», «La Voz de Galicia», Radio Galega - TVG2, «Grial»), publicou tres libros de divulgación sobre igualdade e ecoloxía, varios libros destinados ao público infantil e xuvenil, así como as novelas «Pérez. Historia dun triunfo» (2021) e «Os anos tranquilos» (Xerais, 2024).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión