Manuel Janeiro (Madrid, 1951), avalado por un inxente traballo no eido da gráfica editorial é, sen dúbida, máis coñecido como deseñador que como escritor. Así e todo, a súa primeira publicación, o poemario en castelá Primera edad, viu a luz no ano 1976. O libro, que tivo unha especial recepción xeracional e nel xa aparecen os temas constituíntes da súa obra literaria: a nudez do sentimento poético, a lírica cómplice da natureza, os
vencellos parentais, a construción/destrución do amor... Na antoloxía da nova poesía madrileña titulada La banda de Moevius (1976) é o poeta que abre a selección na que se recollen cinco poemas seus, mais ata o ano 1989 non aparecerán, tamén escritos en castelán e publicados en Madrid, os seus Poemas sobreros. E ata o 2006 non publicará o seu primeiro libro de narrativa: Pucho, o habitador dos tellados (Premio IBBY, 2008), ao que seguiu en 2008 A fada das lapas, publicado en Galaxia. Con A abella abesullona sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura infantil máis interesante.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión