Con 96 anos, publicaba un novo libro unha das voces máis importantes da poesía galega das últimas décadas. En 'Pazo de Tor', Luz Pozo Garza viaxa ás orixes familiares dos Garza, situados neste magnífico edificio barroco enclavado nun lugar privilexiado do val de Lemos (Monforte-Lugo).
Inspirándose neste espazo histórico e xeográfico, a poeta compón trinta poemas nos que, unha vez máis, amosa a capacidade da súa pluma excepcional, fóra de calqueira época ou moda.
O coidado da edición corre a cargo da profesora Carmen Blanco, especialista na poeta, mentres que o limiar está asinado polo escritor, editor e presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.
“O lector debe entrar no verso deixándose levar”, escribe Freixanes, “descalzo, espido de precaucións e entregado a cada paso que, lentamente, nos leva pola escada da luz, como os místicos antigos, como os pitagóricos, cara o non nomeado».
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922- A Coruña, 2020) iniciou a súa obra poética en galego en 1952 coa publicación de O paxaro na boca, un libro ao que seguirían outros títulos como Últimas palabras / verbas derradeiras (1976), Códice Calixtino (1986), A vida secreta de Rosalía (1996) ou Rosa tántrica (Alvarellos Editora, 2016). Membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao, Membro Honorario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en 2013 foi galardonada co Premio da Cultura Galega e en novembro de 2018 foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro. Os seus versos foron traducidos ao portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso ou xaponés.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión